O venres 29 de outubro tes a oportunidade de participar nunha xornada onde visibilizar as oportunidades e modalidades de financiamento para startups tecnolóxicas, como atraer a atención de fondos, “ family offices” e investidores privados e institucionais o ecosistema de startups de Galicia.

Un evento que terá lugar na Sala 1 do Edificio Miralles da Universidade de Vigo (e tamén poderá seguirse de xeito virtual) destinado a alumnado e persoas recén tituladas de universidades de Galicia, consultores/as, emprendedores/as, e investidores/as.

Unha mañá con dúas mesas redondas formadas por un panel de expertos de primeiro nivel, e un tempo para o networking cos participantes e asistentes o acto en presencial onde poder conversar. Tamén teremos un momento especial, a entrega dos premios da Cátedra MN das dúas edicións aos seus gañadores e gañadoras.

Todo isto é posible grazas aos patrocinadores do acto: Gradiant, MN Program e Centro de Investigación atlanTTic.

Vigo, 29 de outubro de 2021

SALA I – EDIFICIO MIRALLES – CAMPUS AS LAGOAS MARCOSENDE

Programa

9.00 – 9.15 h | Inauguración

Interveñen:

 

9.15 – 9.30 h | Entrega de premios cátedra emprendEmento tecnolóxico

Premios Edición 2020/2021 ao desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos:

  • Proxecto “e-Muse: axente intelixente para márketing dixital” realizado por Edward L. Campbell Hernández e José M. Ramírez Sánchez
  • Proxecto “Aplicación móbil de verificación biométrica para control de horario laboral” realizado por Andrés Felipe Arias Cárdenas

Premios Edición 2019/2020:

Gravación acto de apertura

9.30 – 11.15 h | Mesa 1: O ecosistema do financiamento das startups

Participan:

Moderador:

Gravación mesa redonda
Turno de preguntas

 

11.45 – 13.30 h | Mesa 2: O futuro que vén

Participan:

Moderadora:

Gravación mesa redonda
Turno de preguntas

 

13.30 – 13.45 h | Clausura

Interveñen:

Gravación acto de clausura

Programa (galego)  Programa (español)

 

Gravación completa en UvigoTV

 

Organiza